Corpo activo, mente feliz
Enfoque inclusivo para persoas con necesidades educativas especiais.
Falemos da túa situación
Ángel traballou como monitor de nenos e nenas con necesidades educativas especiais nunha asociación especializada. Ademais, como docente en varios centros educativos, traballou con alumnado diverso, adaptando a súa práctica a diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe. Esa experiencia é a base deste enfoque: adaptar o movemento, o xogo e a psicomotricidade a cada neno/a, non ao revés.
Cada neno/a é distinto, así que non ofrecemos un programa pechado de talla única.
Falamos coa familia e, se procede, co centro educativo, para entender necesidades e obxectivos.
As actividades de psicomotricidade e multideporte adáptanse ao ritmo e capacidades de cada neno/a.
Traballo sensible, paciente e centrado no benestar emocional, non só no físico.
Cada caso é distinto — escríbenos e falamos sen compromiso sobre como podemos axudar.